
O home bala son David Rodríguez (voz e guitarra), Noli Moo (clarinete e asubío) e Félix Rodríguez (caixón e udú). Un proxecto que nace en Salvaterra de Miño dunha unión libre entre o mundo do folk, do rock e do pop independente; unha unión entre infixos, funambulistas e curiosos impertinentes. Escoitando a Machín é unha canción para o final do verán, para o momento da despedida, da saudade, mais tamén da calma e do sosego.