Acabo de entrar no blog de Alberto Vázquez-Figueroa, onde agora mesmo se poden ver 3 post. Os tres moi interesantes.
O primeiro, Fuego, fala do informe que xa lera hai un tempo, sobre a forma de obter auga doce a partir do mar, e como se pode utilizar esta mesma auga para apagar o lume dos incendios, dunha maneira barata e, o que me parece máis interesante, rentable.
Non sei se todos eses argumentos son realmente válidos ou se teñen algunha dificultade de posta en marcha. Que alguén mo explique, por favor! Claro que sempre hai intereses comerciais, pero se todo isto é certo é indecente que os gobernos non se poñan mans á obra para solucionar dous problemas tan graves, a auga e o lume.
No segundo, Mis novelas gratis, reflexiona sobre o mercado audiovisual e o seu estancamento imperdonable. Vai por as súas novelas gratis en descarga directa desde internet. E di que non se van resentir as súas ventas, e pensa que aínda han aumentar. E eu estou dacordo con el. Se alguén consigue ler unha novela enteira no monitor do ordenador, ou da súa palm… (eu aínda non fun capaz de ler ningunha novela deste xeito), seguro que se lle gusta, acabará por mercar unha novela na libraría, e dependendo do seu nivel adquisitivo será nunha edición máis ou menos cara. Unha reflexión que me parece bastante acertada. E aínda que se trabuque, que todo pode ser, polo menos é unha idea distinta ao que se está machacando dende os medios de comunicación (coa SGAE en cabeza) que só persiguen intereses económicos a curto prazo.
E o terceiro, Por mil millones de dólares, é onde se pode descargar a súa última novela. Se a podo ler, sería a primeira vez que o consiga, poderei opinar. Mentras tanto, comentádeme vós que tal está. Se a topo na libraría, seguro que a merco. Tan só polo seu atrevemento por facer unha cousa así. Despois, se me gusta, igual merco máis libros del.
Tres post onde se fala case en exclusiva de intereses económicos. Tema que inflúe directamente nas nosas vidas. Creo que teremos todos que comezar a estudiar economía.